
Esta
é unha película de ciencia ficción decente que trata sobre a
aventura dun programador chamado Caleb , que tras gañar un sorteo ,
vai coñecer ao presidente da compañía na cal traballa , para
realizar o test de Turing a unha IA, chamada Ava.A cal aproba con
creces o propio test pero manipulando a mente de Caleb , para poder
escapar de a súa celda e visitar o mundo real .
Esta filme ten varios fallos como que unha sóa persoa non sería capaz de diseñar e construir unha máquina desas características , xa que hoxe en día ese é o traballo de centos e incluso de miles de persoas .Outra cousa que non cadra é a pel artificial que está presente nesas máquinas , porque ainda está en desenrrolo e faltarían moitas décadas para que sexan realidade. E por último unha Ia como esa faltarían moitas décadas para contruila xa que hoxe por hoxe, as IAs que temos non saben adaptarse as diferentes condicións , as cales estamos continuamente sometidos os humanos , é dicir , non saben por se mesmas a hora de adaptarse a unha nova situación o problema , cosa que nos si .
Pero tamén ten cousas que me gustaron como por exemplo , a participación de poucos personaxes na trama, crea entre o público e os perxonaxes unha conexión coa que somos capaces de enténder mellor a forma de pensar e o que sinten en cada momento os personaxes . E outra cosa é a maneira que Ava manipula a Caleb , para poder escapar das instalacións e así conseguir o seu soño de estar nunha estrada chea de xente .
Aqui deixo uns enlaces para os curiosos :
Agora
contestarei unhas preguntas , que viñeronme a cabeza :
-Existe ou existirá verdadeira IA?
As IA , xa existen hoy en día pero non son intelixentes como Ava, xa que iso está ainda moi lonxe de cumplirse e lles falta a capacidade de ter emocións e de adaptarse a novas situacións e problemas.
-Cando poderíamos considerar que estamos diante dunha IA?.
Iso o podemos , saber porque se lle contamos un chiste a unha IA , non se reiría porque non saben os dobres significados das palabras e porque non teñen o sentimento de rirse programado.
Pero iso nun futuro non servirá , xa que serán coma nós na forma de comportarse e na forma de ser .
-Pode existir un test de Turing completamente fiable?
Agora mesmo non , porque como comentei antes ,cun chiste detectaríamos nun instante que é unha IA.Pero nun futuro non moi lonxano non descarto que o haxa .
Agora os deixo as preguntas, as cales non encontro resposta:
-Se transferimos a memoria dunha persoa a unha máquina , seguiría sendo persoa o se consideraría un robot?
-Como chamarías a esa memoria dentro dunha máquina? Non pode ser unha IA , xa que é unha memoria concebida pola madre natureza.
-Sería ético meter esa mente nunha máquina ? Porque pensa que esa conciencia humana é agora practicamente inmortal, e vería morrer a todos os seus familiares e amigos e quedaríase só na vida .
-E se somos capaces de introducir unha mente nuha máquina , tamén seríamos capaces de realizar unha simulación con dita mente e recrear unha realidade coma a de Matrix , e facerlle creer que ese é o mundo real. E a partir dese momento que cal sería a verdadeira realidade?
Tengo moitas máis , pero con isas creo que deixei claro , que a película contestoume a moitas preguntas , pero abriume infinidade de novas cuestións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario