ARGUMENTO
Esta é unha película indi ou independiente do xénero de terror psicolóxico xa que trata unha fobia que temos moitas persoas que é o medo a escuridade e non saber o que hai ao teu redor .Ademais de tratar esa fobia contanos a historia de tres estudiantes de cine que querían grabar un documental sobre o mito da Bruxa de Blair , comezan falando coa xente para informarse sobre o mito .Unha vez informados se adentran no bosque onde acontece a historia da bruxa , iso lles fará pagar un prezo moi alto .
OPINIÓN PERSOAL
Este filme para estar grabado cun presuposto de quince mil dolares e utilizar ese equipo de filme para rodar esta película , hai que aplaudirlles aos directores e aos actores por realizar tal labor .Pero eu son un fan dos filmes de medo e todo relacionado co terror . Por iso esta película non me acabaou de convencer , porque non me transmitiu esa sensación de tensión ou eses sustos que provocan os screamers gratuitos que teñen outros largo metraxes . Ainda asi esta pelicula non me pareceu mala de todo , xa que mantén sempre oculta a Bruxa de Blair , para que nos a imaxinemos coma nós queramos .Iso dalle un punto a favor porque en moitas películas fallan na hora de ensinar o monstro , o bicho ou o que sexa e entón cando pasa iso ,decepcionámonos , porque o ser que mostran non é como o imaxinamos ou é algo moi cutre .Este filme houbese ganado moito se o noso profesor , nos houbera dicho que era un documental sobre a lenda ou o mito da Bruxa de Blair . Porque ninguén se esperaría , que fose unha película de medo .
Ademais esta película lévame a cuestionarme as seguintes preguntas :
É lícito manipular a información para acadar un fin?
Manipular a información está mal porque con iso métennos pensamentos ou prexuizos falsos sobre distintos temas , persoas , etc . Provocando que nos introduzan na propia ignorancia , por iso é necesario sempre cuestionar , se a información que recibimos a diario é verdadeira ou falsa .
Como podemos estar seguros da fiabilidade dunha información?
Podemos estar seguros da fiabilidade dai nforrmación que queremos buscar se unha persoa é experta , sabe ou é profesional sobre ese tema que estas buscando , ademais se non te fias dunha web tés que ver que requisitos pide para que unha información sexa valida . Por exemplo : a Wikipedia , ten uns parámetros moi estric coa informácion que se poñe en ela , xa que teñen mecanismos para evitar que unha persoa poña información inútil e absurda . Ademais ten conversas e debates que se gardan nun historial para que as persoas que visitan a wiki , poidan discutir sobre un termo ou tema que é incorrecto dentro da wiki. Logo hai outras webs que non te piden nada , para poder publicar información , por iso son menos fiables e hai que comprobar se a información desas webs son certas comparandoas con outras webs ou buscando a esa persoa polas súas redes sociais e comprobar se é experta ou sabe do tema que estás a buscar .Nesta opinión non quero facer spoilers polo que deixarei algúns enlaces , para os curiosos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario